O título deste novo proxecto é "Beade 3.0: educando para o futuro". Aquí tedes a ligazón ao mesmo.
E nesta outra ligazón atoparedes os resultados da enquisa feita ao profesorado sobre a detección das necesidades do centro relacionadas coas directrices do programa Erasmus+.
Neste caso solicitamos 10 movilidades, a repartir durante os dous anos. Sete para asistencia a cursos de formación en novas tecnoloxías, en Italia, e tres estancias de Job Shadowing en dous centros, un en Asso, ao norte de Italia, e outro en Chateaubriant, na Bretaña francesa. Estes centros son actualmente socios nosos no proxecto etwinning Scales and Sizes, no que participan os alumnos e alumnas de 4ºESO A e 2ºESO A, e a idea é visitalos para coñecer o seu funcionamento máis de preto e preparar futuras asociacións estratéxicas do programa KA2.
Os cursos seleccionados, coas datas aproximadas, son:
*Verano 2017:
- Dúas movilidades para un curso de sete días de duración de título “Making the most of new technologies and social media in the classroom”, ofertado por Teacher Trainners, centrado na aplicación educativa das redes sociais como Facebook, Twitter, Youtube, Pinterest e blogs, con contidos también na edición de imaxes e videos. O curso ofértase en Bolonia e Palermo.
- Unha movilidade para un curso de seis días de duración titulado “Build your App”, ofertado por Europass Teacher Academy en Florencia, Italia. O obxectivo é deseñar aplicacións educativas para tabletas ou móviles.
*Verano 2018:
- Unha movilidade para o curso de seis días de duración “Foto y video making en al aula: creando y adaptando recursos audiovisuales”, en Florencia.
- Otra movilidad para o curso de seis días de duración: “Tablets y móviles: usando dispositivos móviles como herramientas educativas”, también en Florencia e nas mesmas datas.
- Dúas movilidades para o curso “Project Based Learning”, ofertado por Teachers Trainners en Bolonia, centrado na aprendizaxe baseado en proxectos, e que inclúe supostos prácticos desta metodoloxía e visitas a centros educativos locais onde se aplican.
* Para os periodos lectivos están prantexadas as visitas a Asso e Chateaubriant.
* Haberá un proceso de selección para todos aqueles interesados en participar nas formacións seleccionadas (se a conceden, por suposto). Animádevos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.