O proxecto Erasmus 2023-1-ES01-KA122-SCH-000141228 financiado polo SEPIE acaba de finalizar.
Na seguinte ligazón tedes a web dedicada a todas as actividades do proxecto
Blog con información dos programas Erasmus+ do noso instituto
O proxecto Erasmus 2023-1-ES01-KA122-SCH-000141228 financiado polo SEPIE acaba de finalizar.
Na seguinte ligazón tedes a web dedicada a todas as actividades do proxecto
Na xornada de difusión dos cursos Erasmus do programa KA122, celebrada o 24 de marzo de 2025, as profesoras do centro que asistiron aos cursos compartiron un resumo das súas experiencias e dos coñecementos adquiridos.
A profesora Liliana S. participou nun curso centrado nas aplicacións da Intelixencia Artificial (IA) na educación, no que abordou as vantaxes e desvantaxes de incorporar as IAs nas aulas. Un dos puntos clave que explicou foi o concepto de prompt, isto é, a maneira en que se formula unha petición ou instrución para que a IA proporcione unha resposta ou realice unha tarefa.
Liliana S. tamén nos proporcionou exemplos prácticos de diversas IAs e as súas utilidades no ámbito educativo. Falou sobre ChatGPT, unha IA que permite xerar respostas a preguntas, redactar textos ou mesmo asistir na resolución de tarefas, sendo útil tanto para estudantes como para docentes. Preplexity é outra ferramenta que se destacou, centrada na xeneración de respostas melloradas a partir de fontes contrastadas, ideal para investigacións e análise de contidos.
Mencionou tamén varias plataformas de creación de imaxes, como Leonardo AI ou DALL-E, outra IA que permite crear imaxes realistas ou fantásticas a partir de textos.
En canto a apps de presentación, destacou o emprego de Gamma que crea presentacións visualmente atractivas e de alta calidade.
Outras IAs que se destacaron foron Magic School, que ofrece actividades educativas personalizadas mediante IA, e Diffit, que permite adaptar o contido educativo ás necesidades de cada estudante, facendo que o aprendizaxe sexa máis inclusivo. Brisk, por outra banda, destaca pola súa capacidade para analizar e mellorar o rendemento dos estudantes a través de ferramentas de retroalimentación e avaliación automatizada.
Por último, tamén se falou de Quizzalize, unha plataforma interactiva que permite crear cuestionarios e xogos educativos baseados en IA para reforzar a aprendizaxe de forma lúdica e dinámica.
No curso da profesora Susana A, tamén centrado no emprego de aplicacións de Ia na aula, falouse tamén de ferramentas para detectar contidos xerados por IA. Susana destacou a ferramenta chamada Winston AI, que detecta tanto textos como imaxes.
Ambas profesoras falaron dos pros e contras do emprego das ferramentas da IA nas aulas, e da necesidade de regular o seu uso nos centros educativos.
Despois, as profesoras Rosa R e Araceli A falaron da súa experiencia nun curso centrado nos principios básicos do sistema educativo finés, e que incluía visitas a varios centros. Chamoulles moita a atención a estructura dos centros, moi distinta á nosa, a flexibilidade nos horarios e nas materias, e o gran despregue de recursos materiais e humanos para ofertar unha educación de calidade e centrada no benestar do alumno.
Por último, as profesoras María A e Pilar C nos falaron dos cursos sobre “Communication and soft skills for teachers” e “Couching for teachers”.
Destacaron a formación en habilidades sociais para conectar co alumnado e nas técnicas de comunicación para manter o interese do alumno nas explicacións da aula. Tamén explicaron a diferencia entre Couching e Mentoring, e nos falaron dos procedementos GROW e SMART á hora de poñernos unhs obxectivos que melloren as nosas capacidades e habilidades persoais.
Dentro da web do proxecto Erasmus podedes acceder ás presentacións que realizaron e que compartiron con nós.
En abril de 2024, as profesoras Cristina Durán e Rosa Ramilo visitaron a Escola Secundaria de Palmela, en Portugal durante 4 días, para facer unha observación (job shadowing) sobre o funcionamento da escola, a súa metodoloxía educativa e o sistema educativo portugués. A visita foi financiada polo SEPIE, dentro do proxecto Erasmus+ KA122 en vigor.
Na seguinte presentación, exposta no claustro do 28 de xuño, resume a súa experiencia.
Os profesores Pablo Blanco e Susana Alonso estiveron 5 días facendo un job shadowing (observación) no Wilhelmsgymnasium da cidade alemana de Kassel, na rexión de Hesse, ao amparo do proxecto KA122 en vigor.
Nesta presentación realizada no claustro do 28 de xuño nos resumen a súa experiencia:
Nas seguintes presentacións podedes ver os resultados das distintas avaliacións realizadas ao proxecto Sharing, preserving and learning about our natural heritage e as súas actividades. Neste proxecto participaron 15 alumnos e alumnas de 3º de ESO do curso 2023/24, e outros tantos alumnos franceses do Collège Robert Schuman.
As avaliacións inclúen:
O alumnado participante no proxecto Erasmus+ "TIE" (Siglas de Tradición, Identidade e Europa) elaborou, colaborativamente cos seus compañeiros alemáns, un traballo do que agora vos presentamos o produto final.
O traballo consistía en facer entrevistas a persoas maiores das súas familias preguntándolles como vivían eles na súa xuventude, como era o traballo naquel entón, e como celebraban as festas e as tradicións. Tamén se grabaron a eles mesmos contestando a preguntas semellantes.
Os videos foron analizados en grupos internacionais durante a visita dos socios alemáns á nosa escola. E as principais conclusións as explicaron durante a semana da mobilidade en Vigo.
Na seguinte presentación podedes ver os videos, e un resumo dos comentarios dos alumnos. Algúns dos videos son un documento etnográfico moi interesante.
O pasado xuño, cara fin de curso, os 15 alumnos e alumnas do grupo Erasmus de 4º de ESO visitaron aos seus socios de proxecto en Kassel, Alemania.
Na presentación deixámovos un resumo das actividades alí desenvolvidas.
En xuño de 2024, cara final de curso, os 15 alumnos de 4º de ESO que participaban no programa Erasmus visitaron aos seus compañeiros en Kassel, Alemaña.
Alba, unha das participantes, déixanos aquí un resumo da súa experiencia.
O pasado 29 de maio celebramos a tradicional festa de proxectos no Insti. Entre moitos outros proxectos expostos, houbo stands para o noso Erasmus. Neles, os alumnos de 3º e 4º de ESO participantes nas actividades e mobilidades presentaron o seu traballo ao resto da comunidade educativa.
Neste pequeno video recordamos a exposición
Os periódicos da cidade fixéronse eco, en varias ocasións, das mobilidades feitas polo noso alumnado, e o recibimento no IES dos socios franceses e alemáns
O 28 de febreiro saímos no periódico dixital "Vigoe": https://www.vigoe.es/vigo/local/vigo-el-destino-elegido-por-erasmus-adolescentes-de-francia-y-alemania/
O 13 de abril saimos no Atlántico Diario: https://www.atlantico.net/articulo/vigo/ies-beade-acogio-25-alumnos-erasmus-francia-alemania/202404130615121027971.html
E por suposto, tamén na prensa local da rexión de Loire-Atlantique, onde se atopa Châteaubriant, o noso socio francés.
O alumnado de 3º de ESO participante no proxecto Erasmus KA122 "Sharing , preserving and learing about our natural heritage" leva varias semanas traballando para preparar as actividades que realizarán cos compañeiros franceses cando veñan, o próximo domingo 17 de marzo.
Aquí vos deixamos (en inglés) o programa da semana de mobilidade:
Un grupo preparou as actividades para romper o xeo do primeiro día:
Outros, a información para as gymkhanas que se farán en Vigo:
E en Ourense:
E por último, os documentos de traballo e recollida de datos para as visitas ao IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura)
Dentro das activiades de mobilidade do proxecto Erasmus deste ano, 10 alumnos do instituto alemán , da cidade de Kassel, visitaron a semana do 26 de febreiro ao 1 de marzo o noso centro.
O proxecto, que o alumnado bautizou co acrónimo TIE, de "Tradición e Identidad en Europa", xogando coa palabra inglesa "Tie", que significa "atar", versa sobre as tradicións nos nosos países, tanto as actuais como as das épocas dos nosos pais ou avós.
Durante a semana,coñeceron a cidade de Vigo, cruzaron a ría ata Cangas, visitaron a catedral de Santiago e o museo do pobo Galicia, coñeceron de primeira man a pesca de altura, cun percorrido guiado pola lonxa e o porto, e presentaron os vídeos con entrevistas que fixeron aos seus familiares.
Como sempre, despedimos a semana cun acto coas familias no centro cultural de Beade.
Deixámovos a presentación da visita dende o punto de vista do alumnado alemán:
No próximo mes de febreiro recibiremos a un grupo de 10 alumnos e dúas profesoras do Wilhelms Gymnasium de Kassel, unha cidade no centro de Alemania, o socios nosos no proxexotg Erasmus+ KA122 "La identidad de los jóvenes en Europa, entre la tradición y la diversidad" co acrónimo TIE (Siglas en castelán e inglés de Tradición-Identidade-Europa).
![]() |
Logo do proxecto TIE |
O logo do proxecto, deseñado principalmente polas alumnas Claudia e Xiana, pero con aportacións posteriores dos alumnos alemáns, representa dous bonecas vestidas con roupas tradicionais das nosas rexións respectivas.
Nas semanas previas á chegada do grupo alemán, os nosos alumnos Erasmus, de 4º de ESO, estiveron traballando na organización das actividades, así como comezando a actividade principal do proxecto: unha mistura de entrevistas aos nosos maiores e aos propios alumnos, sobre como se celebraban antes as festas e tradicións e como o fan agora as novas xeracións.
Os nosos 15 alumnos e alumnas do grupo Erasmus prepararon as seguintes actividades:
O proxecto eTwinning EnigMath, realizado durante o curso 2022/23 polas alumnas e alumnos de 4ºESO B, coa profesora de matemáticas Esther Pérez, cun colexio grego, ven de recibir O Selo de Calidade por parte da Axencia eTwinning de España. Este Selo recoñece as boas prácticas do proxecto: a colaboración entre os estudantes dos dous países, a innovación educativa e o emprego de ferramentas dixitais.
Ademais, recibiu tamén o 1º Premio Nacional, na categoría de alumnos entre 16 e 19 anos, en Grecia.
Aquí está a páxina onde se anunciou o premio: https://www.etwinning.gr/awards/nawards/1324-18-etwinning
E esta é a web do proxecto:
https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/enigmath/twinspace/pages/our-project
Noraboa a todos os alumnos do noso centro que traballaron nel: Celia, Sheila, Yaiza, Sandra, Carla, Miguel, Lorena, Marina, Adnros, Raquel, Alba, Aser, Mara, Martín, David, Eva, Ismael, Antía G., Antía F., Luka e Bruno. E tamén, por suposto, aos nosos socios gregos!
Por último, compartimos con vós un video de presentación do proxecto feito pola profesora grega, Vicky Baketta:
Con data de 23 de xuño 2023 publicouse na web do SERVICIO ESPAÑOL PARA LA INTERNACIONALIZACIÓN DE LA EDUCACIÓN (SEPIE) a resolución pola que se concedían os proxectos KA122 de movilidade de alumnado e profesorado
A nosa solicitude foi aprobada, con 90 puntos sobre 100.
Máis información na seguinte presentación:
O martes 30 e o mércores 31 de maio o proxecto Erasmus participó, coma sempre, na feira de proxectos de fin de curso, onde o alumnado contou as actividades do proxecto a todos os cursos da ESO que visitaron a feira, incluidos profesores e pais. Foi unha despedida xa que, despois de tres anos, o proxexto FRESSH está a piques de rematar
O alumnado Erasmus do IES de Beade, ao longo dos tres cursos académicos do proxecto, realizou varios xogos online, coa plataforma LearningApps
Aquí volas deixamos, nesta imaxe interactiva, por sequeredes animarvos a xogar: