martes, 13 de febrero de 2024

Preparando a visita dos nosos socios alemáns

 

No próximo mes de febreiro recibiremos a un grupo de 10 alumnos e dúas profesoras do Wilhelms Gymnasium de Kassel, unha cidade no centro de Alemania, o socios nosos no proxexotg Erasmus+ KA122 "La identidad de los jóvenes en Europa, entre la tradición y la diversidad" co acrónimo TIE (Siglas en castelán e inglés de Tradición-Identidade-Europa).

Logo do proxecto TIE


O logo do proxecto, deseñado principalmente polas alumnas Claudia e Xiana, pero con aportacións posteriores dos alumnos alemáns, representa dous bonecas vestidas con roupas tradicionais das nosas rexións respectivas.

Nas semanas previas á chegada do grupo alemán, os nosos alumnos Erasmus, de 4º de ESO, estiveron traballando na organización das actividades, así como comezando a actividade principal do proxecto: unha mistura de entrevistas aos nosos maiores e aos propios alumnos, sobre como se celebraban antes as festas e tradicións e como o fan agora as novas xeracións.

Os nosos 15 alumnos e alumnas do grupo Erasmus prepararon as seguintes actividades:

  1. Organizaron os grupos responsables de cada actividade, e os grupos internacionais
  2. Preparaon xogos para romper o xeo o primeiro día 
  3. Realizaron as guías para as gymkhanas de Vigo e Santiago de Compostela
  4. Presentación sobre España e Galicia para o grupo alemán
  5. Presentación sobre o proceso de elaboración de máscaras de Entroido
A continuación vos deixamos os seus traballos, así como o programa de actividades da semana









Crearon un mapa Google Interactivo para axudarlles a localizar os puntos a visitar da cidade:

 

Para a Gymkhana en Santiago crearon a seguinte presentación:











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.