Na xornada de difusión dos cursos Erasmus do programa KA122, celebrada o 24 de marzo de 2025, as profesoras do centro que asistiron aos cursos compartiron un resumo das súas experiencias e dos coñecementos adquiridos.
A profesora Liliana S. participou nun curso centrado nas aplicacións da Intelixencia Artificial (IA) na educación, no que abordou as vantaxes e desvantaxes de incorporar as IAs nas aulas. Un dos puntos clave que explicou foi o concepto de prompt, isto é, a maneira en que se formula unha petición ou instrución para que a IA proporcione unha resposta ou realice unha tarefa.
Liliana S. tamén nos proporcionou exemplos prácticos de diversas IAs e as súas utilidades no ámbito educativo. Falou sobre ChatGPT, unha IA que permite xerar respostas a preguntas, redactar textos ou mesmo asistir na resolución de tarefas, sendo útil tanto para estudantes como para docentes. Preplexity é outra ferramenta que se destacou, centrada na xeneración de respostas melloradas a partir de fontes contrastadas, ideal para investigacións e análise de contidos.
Mencionou tamén varias plataformas de creación de imaxes, como Leonardo AI ou DALL-E, outra IA que permite crear imaxes realistas ou fantásticas a partir de textos.
En canto a apps de presentación, destacou o emprego de Gamma que crea presentacións visualmente atractivas e de alta calidade.
Outras IAs que se destacaron foron Magic School, que ofrece actividades educativas personalizadas mediante IA, e Diffit, que permite adaptar o contido educativo ás necesidades de cada estudante, facendo que o aprendizaxe sexa máis inclusivo. Brisk, por outra banda, destaca pola súa capacidade para analizar e mellorar o rendemento dos estudantes a través de ferramentas de retroalimentación e avaliación automatizada.
Por último, tamén se falou de Quizzalize, unha plataforma interactiva que permite crear cuestionarios e xogos educativos baseados en IA para reforzar a aprendizaxe de forma lúdica e dinámica.
No curso da profesora Susana A, tamén centrado no emprego de aplicacións de Ia na aula, falouse tamén de ferramentas para detectar contidos xerados por IA. Susana destacou a ferramenta chamada Winston AI, que detecta tanto textos como imaxes.
Ambas profesoras falaron dos pros e contras do emprego das ferramentas da IA nas aulas, e da necesidade de regular o seu uso nos centros educativos.
Despois, as profesoras Rosa R e Araceli A falaron da súa experiencia nun curso centrado nos principios básicos do sistema educativo finés, e que incluía visitas a varios centros. Chamoulles moita a atención a estructura dos centros, moi distinta á nosa, a flexibilidade nos horarios e nas materias, e o gran despregue de recursos materiais e humanos para ofertar unha educación de calidade e centrada no benestar do alumno.
Por último, as profesoras María A e Pilar C nos falaron dos cursos sobre “Communication and soft skills for teachers” e “Couching for teachers”.
Destacaron a formación en habilidades sociais para conectar co alumnado e nas técnicas de comunicación para manter o interese do alumno nas explicacións da aula. Tamén explicaron a diferencia entre Couching e Mentoring, e nos falaron dos procedementos GROW e SMART á hora de poñernos unhs obxectivos que melloren as nosas capacidades e habilidades persoais.
Dentro da web do proxecto Erasmus podedes acceder ás presentacións que realizaron e que compartiron con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.