martes, 2 de julio de 2024

Producto final do traballo colaborativo entre o alumnado Erasmus de 4º ESO e os seus compañeiros do Wilhelms Gymnasium de Kassel

O alumnado participante no proxecto Erasmus+  "TIE" (Siglas de Tradición, Identidade e Europa) elaborou, colaborativamente cos seus compañeiros alemáns, un traballo do que agora vos presentamos o produto final.

O traballo consistía en facer entrevistas a persoas maiores das súas familias preguntándolles como vivían eles na súa xuventude, como era o traballo naquel entón, e como celebraban as festas e as tradicións. Tamén se grabaron a eles mesmos contestando a preguntas semellantes.

Os videos foron analizados en grupos internacionais durante a visita dos socios alemáns á nosa escola.  E as principais conclusións as explicaron durante a semana da mobilidade en Vigo.

Na  seguinte presentación podedes ver os videos, e un resumo dos comentarios dos alumnos. Algúns dos videos son un documento etnográfico moi interesante.


Trabajo Kassel-Vigo de Erasmus Alemania Curso 2023/24


A continuación deixámovos algunhas imaxes dos grupos elaborando e presentando as súas conclusións no salón de actos do IES:










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.