- Enquisa aos participantes españois da mobilidade en Alemaña
- Enquisas aos participantes españois e alemáns da mobilidade en Vigo
- Rúbricas de avaliación das actividades realizadas polo alumnado
Páginas
- Proyecto KA122 Aprendemos, compartimos y preservamos el patrimonio natural y cultural europeo a través de nuevas metodologías educativas
- KA229 Erasmus project: Ecosystems, water, energy and green jobs: a global challenge for the European youth (E2WJ)
- Página principal
- Beade 3.0: educando para el futuro: proyecto Erasmus KA101

IES de Beade, VIGO

E2WJ project
jueves, 28 de noviembre de 2024
Avaliación do proxecto de movilidade de alumnado co socio alemán
sábado, 13 de julio de 2024
Job shadowing na Escola Secundaria Palmela, en Palmela, Portugal
En abril de 2024, as profesoras Cristina Durán e Rosa Ramilo visitaron a Escola Secundaria de Palmela, en Portugal durante 4 días, para facer unha observación (job shadowing) sobre o funcionamento da escola, a súa metodoloxía educativa e o sistema educativo portugués. A visita foi financiada polo SEPIE, dentro do proxecto Erasmus+ KA122 en vigor.
Na seguinte presentación, exposta no claustro do 28 de xuño, resume a súa experiencia.
Jobshadowing no Wilhelmsgymnasium, en Kassel, Alemania
Os profesores Pablo Blanco e Susana Alonso estiveron 5 días facendo un job shadowing (observación) no Wilhelmsgymnasium da cidade alemana de Kassel, na rexión de Hesse, ao amparo do proxecto KA122 en vigor.
Nesta presentación realizada no claustro do 28 de xuño nos resumen a súa experiencia:
martes, 2 de julio de 2024
Avaliación do proxecto de mobilidade co alumnado francés
Nas seguintes presentacións podedes ver os resultados das distintas avaliacións realizadas ao proxecto Sharing, preserving and learning about our natural heritage e as súas actividades. Neste proxecto participaron 15 alumnos e alumnas de 3º de ESO do curso 2023/24, e outros tantos alumnos franceses do Collège Robert Schuman.
As avaliacións inclúen:
- Enquisa aos participantes españois da mobilidade en Francia
- Enquisas aos participantes españois e franceses da mobilidade en Vigo
- Rúbricas de avaliación das actividades realizadas polo alumnado
Producto final do traballo colaborativo entre o alumnado Erasmus de 4º ESO e os seus compañeiros do Wilhelms Gymnasium de Kassel
O alumnado participante no proxecto Erasmus+ "TIE" (Siglas de Tradición, Identidade e Europa) elaborou, colaborativamente cos seus compañeiros alemáns, un traballo do que agora vos presentamos o produto final.
O traballo consistía en facer entrevistas a persoas maiores das súas familias preguntándolles como vivían eles na súa xuventude, como era o traballo naquel entón, e como celebraban as festas e as tradicións. Tamén se grabaron a eles mesmos contestando a preguntas semellantes.
Os videos foron analizados en grupos internacionais durante a visita dos socios alemáns á nosa escola. E as principais conclusións as explicaron durante a semana da mobilidade en Vigo.
Na seguinte presentación podedes ver os videos, e un resumo dos comentarios dos alumnos. Algúns dos videos son un documento etnográfico moi interesante.
Mobilidade Erasmus a Kassel, Alemania, de alumnos e alumnas de 4º de ESO
O pasado xuño, cara fin de curso, os 15 alumnos e alumnas do grupo Erasmus de 4º de ESO visitaron aos seus socios de proxecto en Kassel, Alemania.
Na presentación deixámovos un resumo das actividades alí desenvolvidas.
sábado, 29 de junio de 2024
Resumo da mobilidade en Kassel, Alemaña
En xuño de 2024, cara final de curso, os 15 alumnos de 4º de ESO que participaban no programa Erasmus visitaron aos seus compañeiros en Kassel, Alemaña.
Alba, unha das participantes, déixanos aquí un resumo da súa experiencia.
martes, 11 de junio de 2024
O noso programa Erasmus KA122 na feria de proxectos do IES
O pasado 29 de maio celebramos a tradicional festa de proxectos no Insti. Entre moitos outros proxectos expostos, houbo stands para o noso Erasmus. Neles, os alumnos de 3º e 4º de ESO participantes nas actividades e mobilidades presentaron o seu traballo ao resto da comunidade educativa.
Neste pequeno video recordamos a exposición
viernes, 24 de mayo de 2024
Traballos colaborativos do alumnado español e francés no intercambio Erasmus co Collège Robert Schuman de Châteaubriant
Amosamos aquí, en varios idiomas, os traballos feitos en colaboración polos alumnos e alumnas de 3º de ESO que participaron no proxecto Erasmus "Sharing, learning and preserving our natural heritage"
jueves, 25 de abril de 2024
As mobilidades Erasmus plus na prensa local
Os periódicos da cidade fixéronse eco, en varias ocasións, das mobilidades feitas polo noso alumnado, e o recibimento no IES dos socios franceses e alemáns
O 28 de febreiro saímos no periódico dixital "Vigoe": https://www.vigoe.es/vigo/local/vigo-el-destino-elegido-por-erasmus-adolescentes-de-francia-y-alemania/
O 13 de abril saimos no Atlántico Diario: https://www.atlantico.net/articulo/vigo/ies-beade-acogio-25-alumnos-erasmus-francia-alemania/202404130615121027971.html
E por suposto, tamén na prensa local da rexión de Loire-Atlantique, onde se atopa Châteaubriant, o noso socio francés.
jueves, 14 de marzo de 2024
Preparando a visita do alumnado francés do Collège Robert Schuman a Vigo
O alumnado de 3º de ESO participante no proxecto Erasmus KA122 "Sharing , preserving and learing about our natural heritage" leva varias semanas traballando para preparar as actividades que realizarán cos compañeiros franceses cando veñan, o próximo domingo 17 de marzo.
Aquí vos deixamos (en inglés) o programa da semana de mobilidade:
Un grupo preparou as actividades para romper o xeo do primeiro día:
Outros, a información para as gymkhanas que se farán en Vigo:
E en Ourense:
E por último, os documentos de traballo e recollida de datos para as visitas ao IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura)
e á praia de Patos, onde farán un estudo do ecosistema intermareal:
martes, 12 de marzo de 2024
Visita de alumnos e profesoras do colexio alemán Wilhelmsgymnasium, de Kassel
Dentro das activiades de mobilidade do proxecto Erasmus deste ano, 10 alumnos do instituto alemán , da cidade de Kassel, visitaron a semana do 26 de febreiro ao 1 de marzo o noso centro.
O proxecto, que o alumnado bautizou co acrónimo TIE, de "Tradición e Identidad en Europa", xogando coa palabra inglesa "Tie", que significa "atar", versa sobre as tradicións nos nosos países, tanto as actuais como as das épocas dos nosos pais ou avós.
Durante a semana,coñeceron a cidade de Vigo, cruzaron a ría ata Cangas, visitaron a catedral de Santiago e o museo do pobo Galicia, coñeceron de primeira man a pesca de altura, cun percorrido guiado pola lonxa e o porto, e presentaron os vídeos con entrevistas que fixeron aos seus familiares.
Como sempre, despedimos a semana cun acto coas familias no centro cultural de Beade.
Deixámovos a presentación da visita dende o punto de vista do alumnado alemán:
martes, 13 de febrero de 2024
Preparando a visita dos nosos socios alemáns
No próximo mes de febreiro recibiremos a un grupo de 10 alumnos e dúas profesoras do Wilhelms Gymnasium de Kassel, unha cidade no centro de Alemania, o socios nosos no proxexotg Erasmus+ KA122 "La identidad de los jóvenes en Europa, entre la tradición y la diversidad" co acrónimo TIE (Siglas en castelán e inglés de Tradición-Identidade-Europa).
![]() |
Logo do proxecto TIE |
O logo do proxecto, deseñado principalmente polas alumnas Claudia e Xiana, pero con aportacións posteriores dos alumnos alemáns, representa dous bonecas vestidas con roupas tradicionais das nosas rexións respectivas.
Nas semanas previas á chegada do grupo alemán, os nosos alumnos Erasmus, de 4º de ESO, estiveron traballando na organización das actividades, así como comezando a actividade principal do proxecto: unha mistura de entrevistas aos nosos maiores e aos propios alumnos, sobre como se celebraban antes as festas e tradicións e como o fan agora as novas xeracións.
Os nosos 15 alumnos e alumnas do grupo Erasmus prepararon as seguintes actividades:
- Organizaron os grupos responsables de cada actividade, e os grupos internacionais
- Preparaon xogos para romper o xeo o primeiro día
- Realizaron as guías para as gymkhanas de Vigo e Santiago de Compostela
- Presentación sobre España e Galicia para o grupo alemán
- Presentación sobre o proceso de elaboración de máscaras de Entroido