IES de Beade, VIGO

IES de Beade, VIGO

E2WJ project

Para ver toda a información do noso anterior proxecto Erasmus+:
Environment, Energy, Water and Jobs: a new challenge for European youth! : pincha aquí

martes, 4 de diciembre de 2018

Mobilidades de observación do Erasmus KA1 en Italia

Do 3 ao 7 de decembro os profesores Pablo e Esther están  nun colexio italiano de visita de observación.
O colexio está na pequena comuna de Asso, preto do lago Como, a uns 50km ao norde de Milán.
Polo de agora sabemos que aquí hai clase os sábados, pero a cambio o alumnado de secundaria soamente ten cinco clases cada día, e o profesorado libra unha mañá entre semana.
Así que como hoxe era o día libre de Antonio, o profesor de matemáticas que é o coordinador Erasmus aquí, foi o noso cicerone para ensinarnos as fermosas paisaxes desta rexión.
Apertas a todos!


Xa na escola, lucen os posters da nosa cidade:






martes, 13 de noviembre de 2018

Estudo do ecosistema intermareal da praia de Patos


O alumnado de 4º de ESO, moito del participante no proxecto Erasmus, visitou cos profesores de bioloxía a zona de rochas da praia de Patos para estudar ese ecosistema mariño.
Entre as rochas atoparon todo tipo de animais e algas, das que tomaron imaxes para logo clasificar e estudar na aula.

Actinia

Ofiura
Ourizo

Tamén analizaron factores abióticos do ecosistema, como a temperatura da auga e da area, e os tipos de rochas, e fixeron uns precioso debuxos da zona estudada.



Con todos estes datos elaborarán unha presentación que logo compartirán cos seus compañeiros de proxecto de Italia, Francia e Letonia






lunes, 12 de noviembre de 2018

2º selo de calidade europea para un proxecto eTwinning

O Instituto ben de recibir o Selo de Calidade Nacional, e o Selo de Calidade Europeo por un proxeccto eTwinning, Powers of Ten, desenvolvido durante o curso 2017/18 polo alumnado de 3ºESO D e as profesoras Cristina Durán, Celia Fernández e Esther Pérez.

O proxecto tiña como socios a un colexio de Italia e outro de Francia, e o seu obxectivo era estudar, dende un punto de vista multidisciplinar, os tamaños relativos na natureza, dende o máis pequeno (átomos e moléculas) ata o máis grande (estrelas e galaxias), empregando conceptos de matemáticas, física e bioloxía.

Noraboa a todos os participantes!

Podedes acceder á web do proxecto, e aos traballos feitos polo alumnado na seguinte ligazón: https://twinspace.etwinning.net/42185/pages/page/252844



martes, 23 de octubre de 2018

Novo diseño e ubicación do noso "Rincón Europeo"

As alumnas e alumnas de 3ºESO C participantes no Intercambio Erasmus+ renovaron o "European Corner" no vestíbulo do centro.

O obxectivo deste espazo e difundir a toda a comunidade educativa as actividades que se fagan dentro deste proxecto.

martes, 9 de octubre de 2018

Comeza a andar o proxecto Erasmus+


REUNIÓN PREPARATORIA DO ERASMUS+ en Chatêaubriant, Francia


A primeira actividade de proxecto KA2 de intercambio de alumnado xa está en macha.

Nestes días reúnense en Nantes, capital da Bretaña francesa, profesores dos catro países que integran o proxecto para fixar datas e as primeiras actuacións.

As profesoras Celia Fernández, do departamento de Bioloxía, e María Álvarez, de Inglés, asisten a ese encontro e nos mandan algunhas instantáneas do seu traballo.

María Álvarez xunto con Inna Zenkevica, de Letonia, e Antonio Torriani, de Italia, na pausa do café, na sala de profesorado


O grupo de alumnas e alumnos franceses que van participar no intercambio



Reunións de traballo no Collège Robert Schuman




martes, 28 de agosto de 2018

Aprobada a nosa solicitude de intercambio Erasmus + KA229






A axencia nacional francesa do programa Erasmus+ ven de publicar a aprobación do noso proxecto de intercambio escolar   Ecosystems, water, energy and green jobs: a global challenge for the European youth (E2WJ)
Cun presuposto total de máis de 100000 euros, o proxecto terá dous cursos escolares de duración, 2018/19 e 2019/20. Os nosos socios neste proxecto son o Collège Robert Schuman de Châteaubriant, A Scuola I.C. G. Segantini, de Asso, Italia, e unha escola de Letonia, o "Vast Gimnazija" da cidade de Ogres.
Grazas a el, alumnas e alumnos do noso centro, de 3º e 4º de ESO, visitarán algúns destes países, convivirán coas familias dos seus compañeiros, e coñecerán cómo é a súa vida escolar e a súa rexión. Tamén nós, por suposto, recibiremos ao alumnado destes centros, e lles ensinaremos o fantásticos que son o noso centro, a nosa parroquia e a nosa cidade e o seu entorno.




O obxectivo principal do proxecto e promover entre as nosas alumnas e alumnos a importancia de tomar conciencia dos problemas medioambientais en Europa, e de como contribuir, tanto agora como no seu futuro como traballadores, a resolver eses problemas e coidar do noso entorno. Ademais, incidirase nas oportunidades laborais que este campo ofrece aos nosos xóvenes.

Ademais das visitas, os alumnos e alumnas traballarán, en proxectos de investigación sobre o entorno medioambiental da nosas cidades, sobre posibles traballos neses entornos, e scratch, e retos de reciclaxe, e arte, e moito máis...

Seguro que é unha incrible experiencia para o noso instituto, e esperamos a colaboración de todos vos: alumnado, profesorado, familias, parroquia...

miércoles, 25 de abril de 2018

European Corner




O alumnado de 3º da ESO D  confeccionou un  panel informativo referente os paises participantes no proxecto Erasmus + que ten solicitado o noso centro. Neste ricón chamado "European corner" amosanse diferentes imaxes das escolas participantes no proxecto e das cidades onde se atopan, xunto  as bandeiras dos paises( Italia, Francia Letonia e España) e a da Comunidade Europea,

martes, 3 de abril de 2018

Presentación da solicitude KA2


O noso socio francés, o Collège Robert Schuman de Châteaubriant, presentou ante a Axencia Erasmus+ Francesa  unha solicitude KA229, código dos programas de intercambio entre escolas europeas. Nese proxecto participan, ademáis do centro francés e o IES de Beade, outras dúas escolas: A Scuola I.C. G. Segantini, de Asso, Italia, e unha escola de Letonia, o "Vast Gimnazija" da cidade de Ogres.

O título en inglés do proxecto é Ecosystems, water, energy and green jobs: a global challenge for the European youth. O obxectivo principal do proxecto e promover entre as nosas alumnas e alumnos a importancia de tomar conciencia dos problemas medioambientais en Europa, e de como contribuir, tanto agora como no seu futuro como traballadores, a resolver eses problemas e coidar do noso entorno. Ademais, incidirase nas oportunidades laborais que este campo ofrece aos nosos xóvenes.

O proxecto tería dous anos de duración. Incluiría, por suposto, tanto visitas dos nosos alumnos aos outros países participantes, como recibir no noso centro aos alumnos das outras escolas. Pero, ademáis, proxectos de investigación sobre o entorno medioambiental da nosas cidades, sobre posibles traballos neses entornos, e scratch, e retos de reciclaxe, e arte, e moito máis...

A ver se hai sorte!





jueves, 29 de marzo de 2018

Comparativa dos sistemas educativos francés e español


Tras a visita dunha semana de dos profesoras do centro ao noso socio francés, o Collège Robert Schuman, vos mostramos un arquivo que compara os noso dous sistemas educativos:

sábado, 24 de febrero de 2018

Xulio Verne en Nantes e no noso IES


Xulio Verne en Nantes e no noso IES


Este parece o ano de Xulio Verne en Vigo. Ademáis das actividades levadas a cabo polo Concello e asociacións de aficcionados a este escritor na cidade, e noutros centros educativos (véase esta ligazón), no IES de Beade tamén estamos a facer unha exposición sobre o escritor, promovida pola Biblioteca, que terá unha segunda parte na feira de proxectos de fin de curso.

Pero ademáis, resulta que Nantes, a cidade base da semana de Job Shadowing en Francia, é a cidade natal deste escritor, e ten un pequeno museo adicado a el. 

Vos mostramos unha pequena reportaxe gráfica da nosa visita a esta instalación pinchando aquí




Percorrendo Nantes e a súa contorna


Percorrendo Nantes e a súa contorna, grazas á...












viernes, 23 de febrero de 2018

Traballando no Collège Robert Schuman


Traballando no Collège Robert Schuman



Visita de observación ao Collège Robert Schuman


Visita de observación ao Collège Robert Schuman


Dentro do programa KA1 de formación de profesorado as profesoras Celia e Esther visitaron durante unha semana o colexio francés co que estamos a colaborar.



Neste colexio impártese a secundaria obrigatoria, que en Francia empeza no noso 6º de primaria e acaba en 3º de ESO.

A xornada do alumnado empeza ás 8 da mañá e remata ás 5 menos cuarto, excepto os mércores, que remata ás 12 do mediodía. Durante este tempo teñen 4 horas de clase pola mañá, cun pequeno recreo de 15 minutos, despois o xantar (de 12 a 13:30) e logo outras tres clases pola tarde.













As actividades principais que fixemos nesta visita foron:

  • Asistimos a clases de Bioloxía, Matemáticas e Español 
  • Colaboramos con algúns dos profesores nunha actividade de laboratorio de bioloxía (extracción de ADN dun plátano) e de obradoiro de matemáticas (construcción dun icosaedro coa técnica de origami)
  •  Coñecimos o seu sistema educativo, e as principais diferencias e semellanzas co noso
  •  Entrevistámonos co Director
  •  Preparamos, coa responsable de programas europeos do departamento Loire-Atlantique, a solicitude dun futuro proxecto KA2
  •  Coñecimos á maioría dos membros do claustro (32 profesores) e intercambiamos experiencias e opinións con eles.
  •  Practicamos inglés e francés!
  • Visitamos Nantes, Châteaubriant, o pobo onde está situado o colexio, e Le Croisic, un pobo costeiro nunha zona de marisma s e salinas.

sábado, 10 de febrero de 2018

O IES de Beade en Europa!



Os nosos socios neste proxecto KA1 e na plataforma eTwinning veñen de colgar, nas súas webs, ligazóns á páxina do noso instituto:


Imaxe da web do colexio italiano


Imaxe da web do colexio francés




lunes, 22 de enero de 2018

Os nosos socios no proxecto KA101 de 2017



Estas son as webs dos dous centros europeos cos que faremos "periodos de observación" (ou job shadowings, na versión anglofalante) durante este curso e o próximo. É, se hai sorte coa solicitude, esperemos que tamén sexan futuros socios nun proxecto KA2 de intercambios escolares


O colexio francés: Collège Robert Schuman, situado en Chateaubriant, unha pequena cidade perto de Nantes, na Bretaña francesa:

 http://rschuman.loire-atlantique.e-lyco.fr/)






O colexio italiano:

 I.C. "G. Segantini" Asso,  na pequena localidade de Asso, nos Alpes italianos preto do lago Como:

 http://www.scuoleasso.gov.it/