O noso socio francés, o Collège Robert Schuman de Châteaubriant, presentou ante a Axencia Erasmus+ Francesa unha solicitude KA229, código dos programas de intercambio entre escolas europeas. Nese proxecto participan, ademáis do centro francés e o IES de Beade, outras dúas escolas: A Scuola I.C. G. Segantini, de Asso, Italia, e unha escola de Letonia, o "Vast Gimnazija" da cidade de Ogres.
O título en inglés do proxecto é Ecosystems, water, energy and green jobs: a global challenge for the European youth. O obxectivo principal do proxecto e promover entre as nosas alumnas e alumnos a importancia de tomar conciencia dos problemas medioambientais en Europa, e de como contribuir, tanto agora como no seu futuro como traballadores, a resolver eses problemas e coidar do noso entorno. Ademais, incidirase nas oportunidades laborais que este campo ofrece aos nosos xóvenes.
O proxecto tería dous anos de duración. Incluiría, por suposto, tanto visitas dos nosos alumnos aos outros países participantes, como recibir no noso centro aos alumnos das outras escolas. Pero, ademáis, proxectos de investigación sobre o entorno medioambiental da nosas cidades, sobre posibles traballos neses entornos, e scratch, e retos de reciclaxe, e arte, e moito máis...
A ver se hai sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.