IES de Beade, VIGO
E2WJ project
Para ver toda a información do noso anterior proxecto Erasmus+:
Environment, Energy, Water and Jobs: a new challenge for European youth! : pincha aquí
martes, 28 de agosto de 2018
Aprobada a nosa solicitude de intercambio Erasmus + KA229
A axencia nacional francesa do programa Erasmus+ ven de publicar a aprobación do noso proxecto de intercambio escolar Ecosystems, water, energy and green jobs: a global challenge for the European youth (E2WJ)
Cun presuposto total de máis de 100000 euros, o proxecto terá dous cursos escolares de duración, 2018/19 e 2019/20. Os nosos socios neste proxecto son o Collège Robert Schuman de Châteaubriant, A Scuola I.C. G. Segantini, de Asso, Italia, e unha escola de Letonia, o "Vast Gimnazija" da cidade de Ogres.
Grazas a el, alumnas e alumnos do noso centro, de 3º e 4º de ESO, visitarán algúns destes países, convivirán coas familias dos seus compañeiros, e coñecerán cómo é a súa vida escolar e a súa rexión. Tamén nós, por suposto, recibiremos ao alumnado destes centros, e lles ensinaremos o fantásticos que son o noso centro, a nosa parroquia e a nosa cidade e o seu entorno.
O obxectivo principal do proxecto e promover entre as nosas alumnas e alumnos a importancia de tomar conciencia dos problemas medioambientais en Europa, e de como contribuir, tanto agora como no seu futuro como traballadores, a resolver eses problemas e coidar do noso entorno. Ademais, incidirase nas oportunidades laborais que este campo ofrece aos nosos xóvenes.
Ademais das visitas, os alumnos e alumnas traballarán, en proxectos de investigación sobre o entorno medioambiental da nosas cidades, sobre posibles traballos neses entornos, e scratch, e retos de reciclaxe, e arte, e moito máis...
Seguro que é unha incrible experiencia para o noso instituto, e esperamos a colaboración de todos vos: alumnado, profesorado, familias, parroquia...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.