O alumnado participante no proxecto Erasmus+ "TIE" (Siglas de Tradición, Identidade e Europa) elaborou, colaborativamente cos seus compañeiros alemáns, un traballo do que agora vos presentamos o produto final.
O traballo consistía en facer entrevistas a persoas maiores das súas familias preguntándolles como vivían eles na súa xuventude, como era o traballo naquel entón, e como celebraban as festas e as tradicións. Tamén se grabaron a eles mesmos contestando a preguntas semellantes.
Os videos foron analizados en grupos internacionais durante a visita dos socios alemáns á nosa escola. E as principais conclusións as explicaron durante a semana da mobilidade en Vigo.
Na seguinte presentación podedes ver os videos, e un resumo dos comentarios dos alumnos. Algúns dos videos son un documento etnográfico moi interesante.
Trabajo Kassel-Vigo de Erasmus Alemania Curso 2023/24
A continuación deixámovos algunhas imaxes dos grupos elaborando e presentando as súas conclusións no salón de actos do IES: