O alumnado do proxecto Erasmus, e coa estimable colaboración da profesora de Educación Física Tamara, investigou preguntando nas súas casas, aos avós, avoas e outros familiares, como e a que xogaban os nosos maiores de pequenos.
Aprenderon as regras de varios xogos, e logo os reproduciron no IES, empregando sempre materiais reciclados ou da propia natureza.
Neste pequeno video podedes ver un resumo do seu traballo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.