IES de Beade, VIGO

IES de Beade, VIGO

E2WJ project

Para ver toda a información do noso anterior proxecto Erasmus+:
Environment, Energy, Water and Jobs: a new challenge for European youth! : pincha aquí

jueves, 11 de marzo de 2021

Xogos tradicionais

 O alumnado do proxecto Erasmus, e coa estimable colaboración da profesora de Educación Física Tamara, investigou preguntando nas súas casas, aos avós, avoas e outros familiares, como e a que xogaban os nosos maiores de pequenos.

Aprenderon as regras de varios xogos, e logo os reproduciron no IES, empregando sempre materiais reciclados ou da propia natureza.

Neste pequeno video podedes ver un resumo do seu traballo:



domingo, 7 de marzo de 2021

Traballando no proxecto Erasmus FRESSH: a cociñar!

 As alumnas e alumnos participantes no proxecto Erasmus FRESSH propuseron as sús propias recetas saudables, tanto para almorzos, como para comidas ou postres. Despois, durante varios días, por turnos, as cociñaron na cociña da casa do conserxe. Por suposto, despois as comeron, dando a probar aos seus compañeiros!

Fixemos dende orellas ata recetas de ensalada, pratos combinados, almorzos con froitas...

Neste video feito por eles podedes ver un resumo de todo o seu traballo: