IES de Beade, VIGO

IES de Beade, VIGO

E2WJ project

Para ver toda a información do noso anterior proxecto Erasmus+:
Environment, Energy, Water and Jobs: a new challenge for European youth! : pincha aquí

sábado, 11 de diciembre de 2021

O IES de Beade presentou a súa experiencia en Erasmus nunhas xornadas en Santiago de Compostela

O Equipo Erasmus estivo en Santiago de Compostela nas Xornadas Erasmus+ e eTwinning organizadas polo CAFI o 27 de novembro de 2021.


 Asistimos ás charlas doutros compañeiros e compañeiras e presentamos a nosa experiencia nas sesións de secundaria, para animar a outros centros a adherirse a estes programas.

No seguinte video tedes un resumo da nosa asistencia, e despois, o contido da nosa presentación.





domingo, 29 de agosto de 2021

Enquisa ao alumnado Erasmus do curso 2020/21

Neste pequeno video podedes ver os resultados da enquisa feita ao alumnado do proxecto Erasmus FRESSH tras as actividades do curso 2020/21 


Enquisa Erasmus 2020/21 on Biteable.

lunes, 19 de julio de 2021

Reunión dos coordinadores do proxecto FRESSH no IES de Beade


 Do 28  de xuño ao 2 de xullo as profesoras coordinadoras dos países socios (Bulgaria, Grecia, Chequia e Portugal) mantiveron unha xuntanza no noso IES co obxectivo de coordinar as actividadres do proxecto FRESSH e de compartir as súas experiencias previas, así como os seus coñecementos en ámbitos como a aplicación nas aulas das novas tecnoloxías ou a aprendizaxe por proxectos.

Na seguinte ligazón podedes ver esas presentacións: ligazón as presentacións

E debaixo, algunha imaxe das nosas sesións de traballo:


martes, 1 de junio de 2021

Video resumo da exposición de traballos ERASMUS FRESSH

 O 25 de maio retomamos a tradicional exposición de proxectos do IES, interrumpida o curso pasado por mor da pandemia.

Nesta ocasión, o alumnado do programa Erasmus explicou ao resto de alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, as actividades realizadas durante este curso do proxecto FRESSH!

Velaí vos deixamos dous videos resumo cos protagonistas.






lunes, 31 de mayo de 2021

Resumo da enquisa sobre hábitos alimentarios

 

O alumnado Erasmus elaborou unha enquisa sobre hábitos alimentarios, que logo repartiron entre os seus compañeiros dos cinco cursos de 2º de ESO

Na seguinte presentación déixanvos os resultados e as súas conclusións:


viernes, 28 de mayo de 2021

martes, 27 de abril de 2021

jueves, 11 de marzo de 2021

Xogos tradicionais

 O alumnado do proxecto Erasmus, e coa estimable colaboración da profesora de Educación Física Tamara, investigou preguntando nas súas casas, aos avós, avoas e outros familiares, como e a que xogaban os nosos maiores de pequenos.

Aprenderon as regras de varios xogos, e logo os reproduciron no IES, empregando sempre materiais reciclados ou da propia natureza.

Neste pequeno video podedes ver un resumo do seu traballo:



domingo, 7 de marzo de 2021

Traballando no proxecto Erasmus FRESSH: a cociñar!

 As alumnas e alumnos participantes no proxecto Erasmus FRESSH propuseron as sús propias recetas saudables, tanto para almorzos, como para comidas ou postres. Despois, durante varios días, por turnos, as cociñaron na cociña da casa do conserxe. Por suposto, despois as comeron, dando a probar aos seus compañeiros!

Fixemos dende orellas ata recetas de ensalada, pratos combinados, almorzos con froitas...

Neste video feito por eles podedes ver un resumo de todo o seu traballo:





miércoles, 24 de febrero de 2021

Logos propostos por cada país para a elección do logo oficial do proxecto Erasmus FRESSH

 



Xa temos os logos que cada país presenta para elixir o logo oficial do proxecto ERASMUS FRESSH. En breve teremos gañador e un logo para promocionar o noso proxecto.