O IES de BEADE, coordinador dun proxecto Erasmus con outros catro socios europeos
O servizo español para a internacionalicación da educación (SEPIE), ven de anunciar os centros de secundaria seleccionados para realizar programas de intercambio de alumnado (os chamados Erasmus KA229) para os próximos cursos escolares.
O proxecto do noso centro, foi un dos seleccionados, cunha subvención total de 142.231 €, dos cales 32.273€ corresponden ao noso instituto.
A temática deste proxecto se centra na importancia dunha alimentación sana, sostible e respetuosa co medioambiente, asociada á promoción de hábitos saudables entre os xóvenes europeos, coa idea de que a nosa escola sexa referente na educación transversal nestes aspectos, e que os nosos alumnos e alumnas trasladen eses valores ás súas familias e as escolas circundantes.
A continuación tedes unha pequena presentación resumindo os obxectivos e actividades do proxecto, e os nosos socios:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.