IES de Beade, VIGO

IES de Beade, VIGO

E2WJ project

Para ver toda a información do noso anterior proxecto Erasmus+:
Environment, Energy, Water and Jobs: a new challenge for European youth! : pincha aquí

miércoles, 23 de diciembre de 2020

Traballando no proxecto Erasmus+ FRESSH

 As alumnas e alumnos de 2° ESO participantes no Erasmus quedan os martes ao mediodía para traballar en distintas actividades do proxecto. 

Polo de agora, están a presentarse aos seus colegas europeos e aproveitando as festas navideñas para dar lles a coñecer as nosas tradicións.






martes, 15 de septiembre de 2020

Novo proxecto ERASMUS de mobilidade de alumnado aprobado para o noso IES

 O IES de BEADE, coordinador dun proxecto Erasmus con outros catro socios europeos


O servizo español para a internacionalicación da educación (SEPIE), ven de anunciar os centros de secundaria seleccionados para realizar programas de intercambio de alumnado (os chamados Erasmus KA229) para os próximos cursos escolares.

O proxecto do noso centro, foi un dos seleccionados, cunha subvención total de 142.231 €, dos cales 32.273€ corresponden ao noso instituto.

A temática deste proxecto se centra na importancia dunha alimentación sana, sostible e respetuosa co medioambiente, asociada á promoción de hábitos saudables entre os xóvenes europeos, coa idea de que a nosa escola sexa referente na educación transversal nestes aspectos, e que os nosos alumnos e alumnas trasladen eses valores ás súas familias e as escolas circundantes.




A continuación tedes unha pequena presentación resumindo os obxectivos e actividades do proxecto, e os nosos socios:


Captura da publicación do proxecto na web do SEPIE


martes, 1 de septiembre de 2020

Resultados das enquisas de avaliación do proxecto Erasmus "Ecosystems, water, energies and jobs"

Publicamos os resultados das diversas enquisas de avaliación do proxecto Erasmus KA229:

 
Ecosystems, water, energies and jobs, a global challenge for European youth




















domingo, 12 de abril de 2020

Horta escolar



Alumnos do programa Erasmus e o Club de Ciencias, colaboraron na preparación, sementeira, plantación e cultivo dunha zona de horta, situada detrás da pista de fútbol.














Como vedes, tanto traballo acabou dando os seus froitos....


Panorámica da horta

Chayota, unha especie de patata sudamericana

Zanahorias



Leitugas

Repolo rizado

Repolo de corazón de boi e acelgas

Patacas

martes, 31 de marzo de 2020

Traballos do noso alumnado no Twinspace


Maila que a pandemia interrumpiu bruscamente o  traballo no proxecto, os nosos alumnos e alumnas estaban a preparar a mobilidade a Francia facendo investigacións conxuntas sobre diversos temas relacionados coas temáticas do proxecto: enerxías reovables, consecuencias do cambio climático e das accións non sustentables dos seres humanos sobre o planeta...

Vos deixamos unha presentación con mostras de todo este traballo