O noso centro ven de acadar o
Selo de Calidade Nacional, e poucos días despois o
Selo de Calidade Europeo, para o proxecto eTwinning "Scales & Sizes: Our world in all its dimensions".

Neste proxecto traballaron dúas das profesoras participantes na beca Erasmus+ KA101 da convocatoria do 2016, Celia e Esther. Xunto con elas, o alumnado de 2ºESO A e 4ºESO A do ano escolar 2016/17. Os outros centros participantes, o
Collège Robert Schuman, CHATEAUBRIANT Francia e o
ICS "G. Segantini" di Asso, Asso (CO) Italia tamén foron galardonados coas mesmas distincións.
Velaí vos deixamos a ligazón á
páxina web do proxecto, á noticia publicada hoxe 2 de novembro no periódico
Atlántico Diario e un pequeno corte de
audio no programa Hoy por Hoy de RadioVigo
Parabéns a todas e todos e agradecementos a Avelino pola "cobertura gráfica" do evento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.