Pois xa rematado o curso, toca seguir traballando para mellorar e ser quen de transmitirlle aos compañeiros e compañeiras e ao alumnado o aprendido nesta intensa semana de movilidade Erasmus + en Florencia.
O curso resultou moi interesante, aprendín como crear unha aplicación para tablet ou móbil e tamén compartín experiencias con profesores doutros paises.
No curso participamos cinco persoas, un número perfecto para que o profesor poidera atender a cada un nas súas necesidades de aprendizaxe sen demasiado problema, (cando nós traballemos cos nosos rapaces e rapazas no App Inventor seremos vinte ou vintecinco, o que fará, que a atención personalizada. sexa un pouco máis complicada, esperamos conseguilo de tódolos xeitos).
Aquí me tedes traballando duro.
Programar fai que paseamos de ser pasivos dixitais (usuarios de software) a activos dixitais (creadores de software), é unha forma marabillosa de crear. Aprendes unha linguaxe e despois a utilizas para dicirlle á máquina que é o que queres que faga e como queres que o faga.
A linguaxe utilizada neste programa MIT App Inventor é unha linguaxe visual, por bloques, moi similar á que utilizamos en Scratch ou a mblock utilizada para programar os robots mbot cos que traballamos este curso en 4º ESO.
Deixo un enlace ao programa para os que teñades curiosidade. Na rede existen multitude de tutoriais cos que poder empezar a programar. MIT App Inventor
E rematado o curso, o diploma que acredita a nosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.