jueves, 14 de marzo de 2024

Preparando a visita do alumnado francés do Collège Robert Schuman a Vigo

 



O alumnado de 3º de ESO participante no proxecto Erasmus KA122 "Sharing , preserving  and learing about our natural heritage" leva varias semanas traballando para preparar as actividades que realizarán cos compañeiros franceses cando veñan, o próximo domingo 17 de marzo.

Aquí vos deixamos (en inglés) o programa da semana de mobilidade:



Un grupo preparou as actividades para romper o xeo do primeiro día:



Outros, a información para as gymkhanas que se farán en Vigo


E en Ourense:


E por último, os documentos de traballo e recollida de datos para as visitas ao IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura



e á praia de Patos, onde farán un estudo do ecosistema intermareal:


   


 Como complemento ao estudo da praia, e para familiarizarse cos nomes en inglés, castelán e francés das especies que poderán atopar, os alumnos prepararon un Padlet e un pequeno xogo na aplicación LearningApps accesible aquí


Hecho con Padlet

martes, 12 de marzo de 2024

Visita de alumnos e profesoras do colexio alemán Wilhelmsgymnasium, de Kassel

 Dentro das activiades de mobilidade do proxecto Erasmus deste ano, 10 alumnos do instituto alemán , da cidade de Kassel, visitaron a semana do 26 de febreiro ao 1 de marzo o noso centro.

O proxecto, que o alumnado bautizou co acrónimo TIE, de "Tradición e Identidad en Europa", xogando coa palabra inglesa "Tie", que significa "atar", versa sobre as tradicións nos nosos países, tanto as actuais como as das épocas dos nosos pais ou avós.

Durante a semana,coñeceron a cidade de Vigo, cruzaron a ría ata Cangas, visitaron a catedral de Santiago e o museo do pobo Galicia, coñeceron de primeira man a pesca de altura, cun percorrido guiado pola lonxa e o porto, e presentaron os vídeos con entrevistas que fixeron aos seus familiares.

Como sempre, despedimos a semana cun acto coas familias no centro cultural de Beade.

Deixámovos a presentación da visita dende o punto de vista do alumnado alemán: