IES de Beade, VIGO
E2WJ project
lunes, 18 de diciembre de 2023
miércoles, 13 de diciembre de 2023
Selo de Calidade e Premio Nacional para o proxecto eTwinning "EnigMath"
O proxecto eTwinning EnigMath, realizado durante o curso 2022/23 polas alumnas e alumnos de 4ºESO B, coa profesora de matemáticas Esther Pérez, cun colexio grego, ven de recibir O Selo de Calidade por parte da Axencia eTwinning de España. Este Selo recoñece as boas prácticas do proxecto: a colaboración entre os estudantes dos dous países, a innovación educativa e o emprego de ferramentas dixitais.
Ademais, recibiu tamén o 1º Premio Nacional, na categoría de alumnos entre 16 e 19 anos, en Grecia.
Aquí está a páxina onde se anunciou o premio: https://www.etwinning.gr/awards/nawards/1324-18-etwinning
E esta é a web do proxecto:
https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/enigmath/twinspace/pages/our-project
eTwinning é unha plataforma para realizar proxectos educativos entre colexios de distintos países europeos, nun entorno seguro. O IES de Beade leva participando nestes proxectos dende o ano 2013, e moitos deles han recibido tamén Selos de Calidade. Pero é a primeira vez que recibimos un Premio Nacional.
Noraboa a todos os alumnos do noso centro que traballaron nel: Celia, Sheila, Yaiza, Sandra, Carla, Miguel, Lorena, Marina, Adnros, Raquel, Alba, Aser, Mara, Martín, David, Eva, Ismael, Antía G., Antía F., Luka e Bruno. E tamén, por suposto, aos nosos socios gregos!
Por último, compartimos con vós un video de presentación do proxecto feito pola profesora grega, Vicky Baketta: