sábado, 11 de diciembre de 2021

O IES de Beade presentou a súa experiencia en Erasmus nunhas xornadas en Santiago de Compostela

O Equipo Erasmus estivo en Santiago de Compostela nas Xornadas Erasmus+ e eTwinning organizadas polo CAFI o 27 de novembro de 2021.


 Asistimos ás charlas doutros compañeiros e compañeiras e presentamos a nosa experiencia nas sesións de secundaria, para animar a outros centros a adherirse a estes programas.

No seguinte video tedes un resumo da nosa asistencia, e despois, o contido da nosa presentación.