IES de Beade, VIGO

IES de Beade, VIGO

E2WJ project

Para ver toda a información do noso anterior proxecto Erasmus+:
Environment, Energy, Water and Jobs: a new challenge for European youth! : pincha aquí

viernes, 29 de noviembre de 2019

Mobilidade en Letonia

Os alumnos e profesores que viaxaron ata Letonia, coa mobilidade Erasmus plus, en outubro de 2019, déixannos aquí un resumo gráfico da súa visita:





jueves, 29 de agosto de 2019

Finalización do noso 2º proxecto KA101 para profesorado


Con data de 30 de xuño rematou o noso segundo proxecto KA101, unha sección do programa Erasmus adicada a financiar a formación do profesorado, e a modernización e internacionalización dos centros educativos. Desta vez o proxecto durou dous anos e incluiu nove mobilidades das que se beneficiaron sete profesores e profesoras do centro, cun presuposto total de 12000 euros.

Neste mesmo blog hai unha páxina adicada ao proxecto, á que podedes tamén acceder directamente pinchando aquí.


sábado, 15 de junio de 2019

O Erasmus na feria de proxectos do IES de Beade


O pasado 4 de xuño celebramos no instituto a feria de proxectos. Entre moitos outros, o alumnado participante no proxecto Erasmus plus , de 3º e 4º de ESO, presentou, en varios stands, o traballo feito durante este curso, explicándoo ao resto de compañeiros, profesores e profesoras, e pais e nais que se achegaron á feria. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer o proxecto os alumnos de 6º de primaria que o curso próximo virán ao instituto.

Vos deixamos un video resumo do que aconteceu na feira:



jueves, 2 de mayo de 2019

Videos grabados polo alumnado Eramus sobre o ecosistema das Illas Cíes

Durante a visita do alumnado participante no proxecto Erasmus plus +, alumnos e profesores visitaron as Illas Cíes. Durante a visita, traballaron en pequenos grupos internacionais facendo uns pequenos videos sobre as principais características do ecosistema das Illas.

A montaxe está en dúas partes. O son está en inglés, con subtítulos na mesma lingua.


Parte I:




Parte II:





lunes, 29 de abril de 2019

Actividades no IES de Beade durante a "Semana Erasmus"

Vos deixamos un resume gráfico das actividades realizadas polo alumnado estranxeiro, xunto cos compañeiros do noso centro, durante a semana que estiveron visitando o instituto e traballando no noso proxecto Erasmus


lunes, 15 de abril de 2019

Visita a Santiago e ao IGaFA, Instituto Galego de Formación en Acuicultura

O alumnado do proxecto Erasmus, durante a semana na que nos visitaron os profesores e alumnos dos centros socios, visitaron a capital de Galicia, e un centro de FP de acuicultura, na Illa de Arousa, como parte da temática do proxecto: os traballos relacionados co medioambiente.

Posteriormente, xa no instituto, o alumnado fixo de xeito colaborativo un documento gráfico destas visitas, que vos mostramos a continuación:



Made with Padlet

jueves, 4 de abril de 2019

Visita ás Illas Cies

Unha mostra das imaxes feitas por alumnos e profesores na visita do grupo Erasmus+ ás Illas Cíes.



lunes, 1 de abril de 2019

Primeiro día de actividades Erasmus no noso centro

Hoxe 1 de abril os nosos invitados estiveron nun obradoiro de arte con materiais reciclados, facendo flores  de plástico co logo do proxecto. Tamén no laboratorio de bioloxía, facendo cremas hidratantes con aloe vera, e na aula de informática xerando un calendario de 2020 con imaxes de ecosistemas propios de cada país. 




domingo, 31 de marzo de 2019

Os estudantes italianos do ERASMUS chegan a Vigo

Esta semana recibimos ás alumnas e alumnos do ERASMUS no noso IES.
Velaí ao grupo italiano, recén chegado ao aeroporto de Vigo, cos seus compañeiros galegos: Mattia e Alicia, Arianna  e Andrea, Patrycja e Xiana, Miriam e Saray, Levjis e Miguel, Matteo e Jorge, Laura e Noa, Giacomo e Eric.
BENVIDOS

sábado, 23 de febrero de 2019

Presentación á comunidade educativa do proxecto Erasmus de intercambio escolar KA229


Na seguinte presentación poderedes atopar as liñas e actividades básicas do noso proxecto de intercambio con Italia, Francia e Letonia.

martes, 5 de febrero de 2019

Visita á planta depuradora de augas residuais do Lagares



O alumnado Erasmus+ e do Club de Ciencias de 3º de ESO visitou a planta depuradora de Vigo, preto da desembocadura do río Lagares.
Nesa visita lles ensinaron como funciona a planta, e as distitnas fases de depuración da auga.


Ademais, tiveron a oportunidade de entrevistar a algúns dos traballadores, para averiguar cales son as súas condicións de traballo e que estudos e habilidades se requiren para os distintos postos.
Un resumo da visita o podedes ver neste vídeo:




lunes, 14 de enero de 2019

Presentación sobre o curso en Bolonia de Educación non formal


Paco e Silvia Costas déixannos esta presentación sobre o a súa experiencia no curso ao que asistiron en Bolonia durante unha semana do pasado verán:

Para calquera dúbida dirixirse a eles!




viernes, 11 de enero de 2019

Presentación da visita de observación no colexio italiano

Vos deixamos un resumo, en forma de presentación, da nosa visita ao colexio italiano I.C. "G. Segantinni" en decembro de 2018, no que contamos o que alí vimos e fixemos, e un pouco como é o sistema educativo italiano.

Un saúdo,

Pablo e Esther






Nesta outra presentación vos mostramos as nosas experiencias culturais, artísiticas e gastronómicas na bela península itálica...

jueves, 10 de enero de 2019

Traballo sobre o ecosistema da praia de Patos do alumnado de 4º da ESO de Erasmus+

Tras a saída organizada polo departamento de Bioloxía á praia de Patos, para estudar o ecosistema intermareal, o alumnado de 4º ESO C e B que colabora no programa Erasmus realizou está presentación.
Vos deixamos as dúas versións, en galego en inglés: