Visita de observación ao Collège Robert Schuman
Dentro do programa KA1 de formación de profesorado as profesoras Celia e Esther visitaron durante unha semana o colexio francés co que estamos a colaborar.
Neste colexio impártese a secundaria obrigatoria, que en Francia empeza no noso 6º de primaria e acaba en 3º de ESO.
A xornada do alumnado empeza ás 8 da mañá e remata ás 5 menos cuarto, excepto os mércores, que remata ás 12 do mediodía. Durante este tempo teñen 4 horas de clase pola mañá, cun pequeno recreo de 15 minutos, despois o xantar (de 12 a 13:30) e logo outras tres clases pola tarde.
As actividades principais que fixemos nesta visita foron:
- Asistimos a clases de Bioloxía, Matemáticas e Español
- Colaboramos con algúns dos profesores nunha actividade de laboratorio de bioloxía (extracción de ADN dun plátano) e de obradoiro de matemáticas (construcción dun icosaedro coa técnica de origami)
- Coñecimos o seu sistema educativo, e as principais diferencias e semellanzas co noso
- Entrevistámonos co Director
- Preparamos, coa responsable de programas europeos do departamento Loire-Atlantique, a solicitude dun futuro proxecto KA2
- Coñecimos á maioría dos membros do claustro (32 profesores) e intercambiamos experiencias e opinións con eles.
- Practicamos inglés e francés!
- Visitamos Nantes, Châteaubriant, o pobo onde está situado o colexio, e Le Croisic, un pobo costeiro nunha zona de marisma s e salinas.