Do 20 ao 21 de xuño celebráronse en Cádiz as xornadas de formación para os centros que acadaron unha avaliación positiva nas solicitudes KA101.
Celia Fernández asistiu como representante do centro.
Nesas xornadas explicáronnos o procedemento para a firma do convenio entre o SEPIE, os centros e os beneficiarios das movilidades. Todas as presentacións podédeas atopar na páxina do SEPIE, nesta ligazón: http://www.sepie.es/comunicacion/jornadas/index.html
Ademais, Celia intercambiou impresións con moitos outros participantes, e veu coas pilas cargadas e pensando xa na próxima solicitude!